Redondela non é exclusivamente unha vila senón un concello que aglutina trece parroquias: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, O Viso, Quintela, Redondela, Reboreda, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela e Vilar de Infesta; cada unha delas con personalidade propia, unhas, mirando ó mar, outras, mirando ó agro, outras ó monte, outras urbanas. Pero a Redondela que se recolle neste álbum de postais ten aspectos ben concretados no destacable, no exótico. A praia, a illa de San Simón, aspectos e recantos da vila, e, sobre todo, os dous viaductos, que salvan o val, a fochanca onde está metida a vida urbana, e que foron feitos para unir Vigo con Ourense e Pontevedra. A vila dos viaductos é o sinal de identidade máis coñecido de Redondela e, por tanto, a estampa máis recoñecida e máis postalística de todas.
Este libro de estampas non pretende ser máis ca iso, a captura da vida doutros anos, o recordo que fai que en nós agrome de novo a idea dunha Redondela recuperada. Son mñáis dun cento de postais, é dicir, a imaxe con que a vila se presentaba diante do mundo enteiro, a cara fermosa para amosarlles ós de fora que os redodeláns existían, cómo eran e cómo vivían: preto do mar e do campo, nun verde val rodeado de montes e costas, un fondo circo redondo atravesado por dúas vías do tren, lanzadas por riba das casas gracias á modernidade da enxeñería do ferro, que trazaba pontes.
Pertencen estas postais á colección de Luís Borines, un redondelán que tamén perdeu a súa Redondela, e que dende hai anos trata de reconquistala nun arquivo de postais que andan espalladas polo mundo adiante, en tendas inverosímiles, en chambos e rastros, en centros de coleccionismo por toda Europa. O libro complétase cun texto literario, «A Redondela recuperada», preparado polo escritor J.A. Xesteira.
Leer todo
Leer menos
Opiniones
Opiniones
No hay comentarios, sé el primero en comentarValoración media
¿Has leído este libro?
Valóralo y comparte tu opinión con otros usuarios
Escribir mi opinión