Materia Gallego (“galego”)

  • Os vagalumes de Marí

    Míguez, Alba / Gómez, Damián

    978-84-1110-459-3

    Marí é unha nena de dez anos que vive feliz ata que o seu pai ten que embarcar por motivos de traballo. Cando o barco está a piques de regresar, o faro da vila estrágase. Marí nunca imaxinaría que o conto que lle contaba o pai sobre monstros e vagalumes poida ter algo que ver coa posibilidade de que...

    12.95€ (12.45€ sin IVA)
    12.95€ (12.45€ sin IVA)
    Disponibilidad media
  • O neno de lume

    Costas, Ledicia

    978-84-1110-084-7

    Morgan é un neno peculiar. De bebé apareceu nunha cesta diante da casa da señora Culpepper xunto cunha nota que dicía: «Lévenme máis alá da néboa. Busquen a casa das tres irmás e díganlles que son o neno de lume». Sobre o seu ombro dereito sempre vai Luminaria, unha pequena chama que só el pode ver...

    13.95€ (13.41€ sin IVA)
    13.95€ (13.41€ sin IVA)
    Disponibilidad media
  • Esperta do teu sono

    Rontano, Lola

    978-84-1110-460-9

    «Esperta do teu sono» toma como motivo central o conflito da mina de Corcoesto, en Cabana de Bergantiños, para presentar en clave de intriga unha ficción que mestura ecoloxía, desobediencia civil, loita pola terra e solidariedade entre comunidades rurais e urbanas. Entre misteriosas mortes e vello...

    19.50€ (18.75€ sin IVA)
    19.50€ (18.75€ sin IVA)
    Disponibilidad media
  • Axente Riciños: Misión Princesa

    O Hematocrítico / Villar, Mar

    978-84-1110-108-0

    Axente Riciños, a mellor e máis implacable axente da Policía, regresa para resolver un misterio que mantén en tensión a todos os habitantes da Fraga. Alguén está secuestrando as princesas sen deixar nin rastro. Só hai unha opción para resolver o caso, que Riciños faga coma quen que é unha delas. Alg...

    15.95€ (15.34€ sin IVA)
    15.95€ (15.34€ sin IVA)
    Disponibilidad media
  • Ideafix e os irredutibles, 1

    Goscinny, René / Choquet, Matthieu / Coulon, Yves / Erbin, Jérôme / Bastide, Jean

    978-84-1110-454-8

    Esta nova colección de cómics baseados na primeira serie de animación para televisión derivada do universo Astérix promete satisfacer a todos os fans. Nela descubriremos a historia de Ideafix e a súa banda de irredutibles antes de que o carismático cadeliño coñeza os famosos heroes galos. Nas páxina...

    9.95€ (9.57€ sin IVA)
    9.95€ (9.57€ sin IVA)
    Disponibilidad media
  • Ultraluz

    Costas, Ledicia

    978-84-1110-431-9

    «Ultraluz» é un bosque que alberga as criaturas máis escuras. O universo particular da autora estoupa nestes versos onde a infancia se abre paso entre a fantasía, o asombro e a morte. Con esta obra, Ledicia Costas gañou o XX Premio Afundación de poesía.

    12.95€ (12.45€ sin IVA)
    12.95€ (12.45€ sin IVA)
    Disponibilidad media
  • Pronto hei de volver

    Castro Moure, Amador

    978-84-1110-437-1

    Para Chiqui, todo comezou cunha bala. Mais antes, para que ela chegase a existir, foi precisa a emigración a Venezuela de finais dos cincuenta: destinos cruzados desexando sucar o océano a bordo de barcos de vapor. «Pronto hei de volver» é a historia de Rosario de Chiquinquirá, unha asasina a sold...

    19.50€ (18.75€ sin IVA)
    19.50€ (18.75€ sin IVA)
    Disponibilidad media
  • Galván en Saor

    Cabana, Darío Xohán

    978-84-1110-441-8

    O señor Galván, príncipe das terras do norte, compañeiro de Artur nos reinos da Bretaña, viaxa máis alá da xeografía e do tempo e, como aquel Merlín de Cunqueiro, aparece entre nós, pois é acaso o destino de todos aqueles señores e cabaleiros do Graal e das antigas fazañas. Novela de humor e de am...

    19.50€ (18.75€ sin IVA)
    19.50€ (18.75€ sin IVA)
    Disponibilidad media
  • Sonora

    Pato, Chus

    978-84-1110-438-8

    «Sonora» é unha conversa entre o poema e a morte. Sonoro é o ollo do lago: algo cae e produce nove acordes, nove ondas no fulgor da noite. Sonora é a alianza que se herda, o anel que grava o nome na cara interna do metal. Sonoro é o coito, a éxtase. Sonora, a orfandade materna que sitúa a escrita de...

    12.95€ (12.45€ sin IVA)
    12.95€ (12.45€ sin IVA)
    Disponibilidad media
  • Benvido ao Outro Barrio. Os Minimortos

    Costas, Ledicia / Villar, Mar

    978-84-9121-697-1

    Os Minimortos son unha cuadrilla de nenos moi diferentes a ti: son nenos de ultratumba. Agardan polos seus pais no Outro Barrio, un lugar de paso onde teñen liberdade para facer o que lles pete. Todo cambia o día que chega Catacrak, un cativo que quere regresar ao mundo dos vivos. Os Minimortos terá...

    13.50€ (12.98€ sin IVA)
    13.50€ (12.98€ sin IVA)
    Disponibilidad media
  • Dona Problemas. Salvadora da escola

    O Hematocrítico / Roca, Paco

    978-84-1110-511-8

    Durante unha das súas misións, Carlota, Dona Problemas, ten un accidente cun mestre, e este ten que coller uns días de baixa. A substituta será, nada máis e nada menos, que A Túa Profe Riquiña, unha «influencer» especializada en educación que, ademais, expón toda a súa vida nas redes. O que podía pa...

    12.50€ (12.02€ sin IVA)
    12.50€ (12.02€ sin IVA)
    Disponibilidad media
  • Un millón de vacas

    Rivas, Manuel

    978-84-1110-440-1

    Este libro nace fundamentalmente da observación. A través destes relatos, como fogaradas, como rápidas instantáneas, viaxamos por tipos humanos, situacións, contrastes e anécdotas que se presentan como un singular retablo da Galicia que vivimos. Entre o videoclip e o angazo na ría, entre o turbo e a...

    17.95€ (17.26€ sin IVA)
    17.95€ (17.26€ sin IVA)
    Disponibilidad media